Doce concellos apagan hoxe a televisión analóxica co comezo da terceira fase da dixitalización

Esta última fase acabará o 2 de abril co apagado de sinal para Vigo, Pontevedra e Lugo

Cinco concellos da provincia d’A Coruña situados no Barbanza – Ribeira, A Pobra, Rianxo, Dodro e Boiro- , catro da provincia de Lugo- Monterroso, Antas de Ulla, Taboada e Palas de Rei-, e outros tres de Pontevedra –Cangas, Oia e Bueu- dan hoxe o paso definitivo á TDT. No que é o comezo da III Fase, última do proceso de implantación da televisión dixital, apáganse ás sinais analóxicas nos correspondentes repetidores destes concellos seguindo despois polos concellos que aínda restan ata o 2 de abril data na que, co apagado das áreas técnicas de Domaio e Páramo a maior parte das provincias de Lugo e Pontevedra , incluíndo as súas capitais e Vigo, deixarán de recibir sinais analóxicos de televisión. En total máis de un millón de cidadáns estarán afectados nesta fase do apagón.