A área de Santiago inicia o Plan de Acendido á TDT

A Xunta recorrerá ao satélite para garantir o sinal en zonas de especial dificultade

9/11/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Con tecnoloxía integramente galega, con equipos e instalacións a cargo de empresas da comunidade e con 2.400.000 euros, 44 concellos da Área de Santiago despedirán a televisión analóxica nas vindeiras semanas. Alfonso Cabaleiro, secretario xeral de Medios, avanzou hoxe o inicio do Plan de Acendido á TDT que se adiara por mor, entre outras circunstancias, do cambio de goberno. A Secretaría Xeral de Medios da Xunta iniciou tamén nestes meses os contactos co Ministerio de Industria para establecer un novo calendario de apagón analóxico. Entre as medidas acordadas, está o establecemento da TDT por satélite, con vistas a cubrir aquelas zonas ás que non cheguen as emisións polo procedemento normal. Ademais, segundo figura nunha nota de prensa “a Xunta mantén o prazo da primeira quincena de xaneiro para os apagamentos analóxicos da Fase I (Ourense Leste e Santiago) e gran parte da Fase II (Ares-Meda), mentres que para o 3 de abril estará todo rematado coa finalización do resto da Fase II e a Fase III (Páramo-Domaio)”.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con TDT, Tecnoloxía, Ares, Ourense

Claves

Conceptos
Lugares