Implantadas con normalidade dúas das tres fases da TDT

O secretario xeral de Medios explicou no Parlamento o desenvolvemento do apagón analóxico

Era o gran handicap do ano, converter a migración do sistema analóxico a dixital da televisión. Dúas das tres fases nas que estaba previsto acometer o cambio (popularizado no “apagón analóxico”) desenvolvéronse con normalidade e o vindeiro 3 de abril, data de cesamento das emisións para todos os países da Unión Europea, o 98% estará cuberto. Con todo, existen segundo a Xunta de Galicia, un 2% da poboación que quedaron sen televisión por estar en zonas chamadas “de sombra”. Para eses habitantes a Xunta financiará instalación por satélite, moito máis custosa, e que se acometerá no mes de abril. Alfonso Cabaleiro, secretario xeral de Medios, acudiu ao Parlamento a explicar o procedemento de implantación da TDT que, na súa opinión, “está sendo mellor que a planificada”.