Galicia contará co cobertura total da TDT cando se produca o apagón analóxico

A Xunta contempla empregar o satélite para evitar zonas de sombra

A cobertura actual da Televisión Dixital Terrestre (TDT) en Galicia está no 90% da poboación, pero a Secretaría Xeral de Comunicación pretende chegar ao 98% antes do apagón analóxico (no 2010). Por iso, no acto de inauguración das novas instalacións de Retegal, anunciou un investimento de 30 millóns máis para poder cumprir con ese compromiso. Mentres, continúan paulatinamente as etapas de transición, a próxima zona en producirse o paso á TDT é Santiago e Ourense este, previsto para xuño de 2009. Tendo en conta a difícil orografía de Galicia, o secretario xeral de Comunicación, Fernando Salgado, apuntou que se contempla a cobertura por satélite para as zonas de sombra.