Nace o primeiro servizo de atención telefónica especializado en Galicia e no norte de Portugal

Máis a man

18/2/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Galiciaamano é o nome do novo servizo de atención telefónica que estará dispoñíbel a partir de hoxe no número 11861. A iniciativa presentouse onte na Coruña da man da empresa Amano Comunicación. No número poderán encontrarse números de teléfono e enderezos, e nun futuro próximo mesmo correos electrónicos e outros datos sobre empresas e entidades. Segundo a compañía, o servizo estará dispoñíbel tanto en galego coma en castelán e abranguerá tamén datos do norte de Portugal.

Máis información en La Voz de Galicia e en galiciaamano.com

Que che parece esta nova?
17 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Norte de Portugal, Portugal, La Voz de Galicia, A Coruña