Datos do INE sitúan a Galicia á cola do uso e no número de internautas

Galicia non se enreda

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
Compartir:
Galicia non se enchufa á rede. Segundo os datos que vén de dar a coñecer o Instituto Nacional de Estatística (INE) somos os que menos ordenadores temos por vivenda e rexistramos as porcentaxe máis baixas de persoas que empregan a rede. Segundo eses datos a día de hoxe case o 30% dos galegos emprega Internet, o que supón un 1.6% máis que no ano 2003. Unha suba porcentual sensiblemente inferior ao que medrou a media nacional, un 3.3%, que nos leva do decimonoveno posto ao último neste ano. Ademais de que medre a fenda dixital entre Galicia e o resto do Estado, as estatísticas amosan tamén unha situación desigual en función do xénero. Segundo o INE a muller conéctase á Internet ata catro puntos menos que os homes.

Máis información sobre os datos de internautas en La Voz de Galicia e en La Opinión e sobre os datos de uso por xénero en Vieiros

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con INE, Xénero, Internet, Vieiros...