TVG mellora os seus resultados de audiencia aínda que TVE segue sendo a canle máis vista

De menos a mais

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

A nova programación de Televisión de Galicia ofrece mellores resultados de audiencia. En febreiro, a cadea pública obtivo oito décimas máis (16%) que no seu rexistro de xaneiro (15.2%). Por franxas horarias, a TVG segue sendo líder no mediodía, cun share do 30.3%. Aínda así, TVE 1 segue sendo a cadea máis vista en Galicia (20%), seguida por Antena 3 e Tele5. As televisións locais do país obteñen unha media dun 2.7%, unha porcentaxe máis baixa que no resto do estado, que se sitúa no 3.5%.

Que che parece esta nova?
72 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con TVG, TVE, Televisión de Galicia, Medios de comunicación...