Televisión de Galicia ten menos audiencia que as grandes cadeas autonómicas

Os espectadores e a tele

23/1/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
A FORTA, entidade que agrupa as televisións autonómicas, acaba de dar a coñecer as cifras de audiencia destas cadeas. Segundo publica o seu sitio web a Televisión de Galicia sitúase na audiencia media do Estado, que está nun 14.5%. O 2007 foi un ano difícil para a cadea pública, sobre todo no mes de novembro cando tivo unha cota de pantalla dun 13%, da que recuperou sete décimas no seguinte mes. Con estas cifras, a TVG sitúase lonxe dos resultados de Canal Sur (20,4% de share), TV3 (20.3% de share) e ETB (18,6%). Na primeira quincena de xaneiro, a TVG situouse como a cuarta cadea máis vista en Galicia, case catro puntos por debaixo das outras cadeas.

Máis información no web da Forta: os resultados de 2007 e cotas de pantalla autonómicas

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Televisión de Galicia, TVG, Medios de comunicación, Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG)