As televisión públicas autonómicas seguirán emitindo publicidade

Os responsables das cadeas reuníronse en Santiago a semana pasada

Os directores xerais das televisión públicas reunidas na FORTA (Federación de Organismos de Radio e Televisión Autonómicos) reuníronse a semana pasada en Santigo. Unha xuntanza na que acordaron, entre outras cousas, que as televisión autonómicas seguirán emitiendo publicidade. Xunto ao anuncio lanzaron unha menaxe ás televisión privadas (reunidas en Uteca) advertíndolles que están a elaborar “unha estratexia de grave e continua manipulación que persigue o desprestixio e a desaparición dos operadores autonómicos”.Para a FORTA han de ser os anunciantes os que decidan en que soportes sitúan as súas menaxes comerciais, dentro das alternativas que permita lexislación vixente.