Os anunciantes apostan por Internet como modelo de negocio

O investimento en publicidade na TVG segue unha liña descendente

6/2/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

A baixada do consumo televisivo, o marco lexislativo (que limita 12 minutos por hora o volume de anuncios) e a aparición de novos soportes fai que os anunciantes busquen novos camiños na rede. Así se deduce do monográfico sobre publicidade que acaba de dar a coñecer o Observatorio Audiovisual Galego. Segundo os datos de INFOADEX e os Anuarios de Audiencias de Televisión de TNS que manexa o Observatorio, o investimento en publicidade no medio televisivo descendeu na TVG un 0.20% no 2007 con respecto ao ano anterior. Ademais, o informe establece que Internet se converterá no terceiro medio en investimento publicitario, por detrás da televisión e de xornais.

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

23/10/2014

En que fala a publicidade?

A xornada "A publicidade en galego" reflexiona sobre a presenza da nosa lingua nese ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Internet, TVG, Medios de comunicación, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)