Galicia é a comunidade autónoma que consume menos televisión

A TVG cae a terceira posición no ranking de cadeas, pero continúa sendo líder na sobremesa

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Con 221 minutos de media, Galicia é a comunidade autónoma do Estado que consume menos televisión, a bastante distancia de Andalucía (260 minutos) ou Aragón (255 minutos), que son os territorios que máis tempo pasan diante da tele. Así o indica o informe "A televisión en Galicia 2013" da consultora Avante, quen tamén sinala que Tele5 foi a cadea líder e que a Televisión de Galicia descende a un terceiro posto, aínda que segue a ser líder na franxa de sobremesa e no público superior a 45 anos.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con TVG, Televisión de Galicia, Andalucía, Aragón...