A nova vaga do Estudo Xeral de Medios, co traballo de campo realizado entre o 13 de xaneiro e o 23 de marzo de 2021, revela que o consumo de todos os medios cae en Galicia, incluÃdo por primeira vez o da propia Internet ( 4,3%), aÃnda que o descenso é máis ou menos acusado en función do soporte. Asà o desvela o procesado dos datos relativos a Galicia realizados pola consultora Avante. De feito, a televisión, o medio lÃder en Galicia, só descende un -1,5%. A prensa perde 204.000 lectores e as revistas 157.000 lectores. AÃnda asÃ, prodúcense movementos importantes. A Radio Galega rexistra o crecemento máis importante do seu ámbito, aumentando uns 33.000 oÃntes e situándose en terceira posición no ranking, trala SER e Los 40. No caso da prensa, La Voz de Galicia perde 131.000 lectores, pasando do 20,4% ao 14,8%, seguido do Faro de Vigo, que perde 74.000 lectores, indo desde o 8,1% do 2020 ao 5& do 2021. No consumo de medios en liña estabilizouse. De feito a mensaxerÃa instantánea descendeu lixeiramente (do 71,8% da mostra ao 70,5%). Os únicos increméntanse en servizos moi influÃdos pola pandemia, coma o uso de servizos bancarios, ver programas e filmes ou o comercio electrónico. Nos servizos de vÃdeo baixo demanda, obsérvase o incremento de Netflix, que sube un 10% ata ocupar o 32% da audiencia, e Amazon Prime Video, que pasa do 10,5% ao 21.1%.