Onte fixéronse públicos os datos de audiencia da terceira vaga do Estudo Xeral de Medios en 2018, a investigación máis relevante para coñecer a evolución do consumo de medios en Galicia. O EXM sinala desta volta datos de caÃda e distribución de usuarios. Deste xeito, a televisión segue como medio lÃder en Galicia aÃnda que perdeu 40.000 espectadores. A radio perdeu 38.000 oÃntes, coa cadena SER liderando as emisións, gañando 20.000 oÃntes, e importantes movementos nas radiofórmulas, que están a medrar: Cadena Dial (53.000), Kiss FM (31.000) e Rock FM (22.000). AÃnda que a Radio Galega aumenta un 8%, as radios xeneralistas perden audiencia, como Onda Cero (-41.000) ou a Cope (-21.000). Estas caÃdas da información aprécianse de forma notable nos medios impresos. La Voz de Galicia, diario lÃder, perde 32.000 lectores, e na prensa especializada deportiva xa é unha tendencia clara tamén: Marca perde 28.000 lectores e As 13.000. Faro de Vigo permanece case estable (perde só 1.000) e a sorpresa é o Diario de Pontevedra, que medra en 7.000. O medio Internet mantense estable (un 66,4% da poboación) aÃnda que hai importantes movementos no seu interior: o crecemento do consumo das versións en liña dos medios e da televisión. Importante: rexÃstrase un descenso no uso das redes sociais de 12.000 persoas.