"La Voz de Galicia" e o "Marca" son os xornais máis lidos en Galicia segundo a última vaga do EXM

As últimas do ano

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:
As últimas vagas do Estudo Xeral de Medios (EXM) que abranguen desde o mes de febreiro até o de novembro de 2003 outorgan a "La Voz de Galicia" 403.000 lectores, converténdose no xornal máis lido de Galicia, seguido do "Marca" con 112.000 seguidores. Aínda que se distribúen xuntos "El Correo Gallego" conta con 75.000 lectores e "El Mundo" con 49.000. No que atinxe á radio, consolídase o liderato da Cadea ser con 407.00 oíntes, seguida pola Radio Galega con 139.000 oíntes. Por último, o estudo do EXM destaca como tendencia xeral o aumento da difusión na prensa diaria, o aumento da audiencia das revistas e lixeiro descenso de lectura dos suplementos.

Máis información no web da Asociación para a investigación dos medios de comunicación

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con La Voz de Galicia, Medios de comunicación, El Correo Gallego, Radio Galega...