La Voz de Galicia gaña lectores e reafírmase como o medio máis lido en Galicia

As cifras e a prensa

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:
Era xa o xornal máis lido no país e o último informe do Estudo Xeral de Medios (EGM) acaba de confirmar o seu liderato. “La Voz de Galicia” incrementa a súa audiencia un 1.1% e ten xa 668.000 lectores. Por detrás, está “Faro de Vigo” que perde 4.9% e sitúase con 290.000 seguidores, seguido por “El Progreso” con 102.000 lectores. Ao mesmo tempo, a Asociación de Editores de Diarios de España (AEDE) acaba de confirmar a caída da difusión dos periódicos no estado por mor de tres factores: a competencia de Internet, a aparición masiva de prensa gratuíta e a multiplicación da oferta televisiva.

Máis información no web do Estudo Xeral de Medios, no web de AEDE e en La Voz de Galicia e El País. Consulta as cifras anteriores do Estudo Xeral de Medios na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con La Voz de Galicia, Editores, Internet, El País...