O contexto actual de crise nos medios de comunicación está a motivar grandes oscilacións no consumo de medios de comunicación, segundo revelan os primeiros datos para 2012 do Estudio Xeral de Medios (EXM). Na prensa galega, mentres La Voz de Galicia incrementa a súa hexemonÃa no panorama de prensa -a cabeceira coruñesa incrementou 60.000 lectores con respecto ao exercicio do ano 2011-, o seu principal competidor, Faro de Vigo, medra tamén, malia un ritmo máis lento (10.000 novos lectores). Outras cabeceiras históricas de Galicia están en retroceso: El Correo Gallego perdeu 2000 lectores e El Ideal Gallego 9.000. Con respecto ás cabeceiras de Madrid con distribución en Galicia, El PaÃs representa o principal incremento, con 16.000 novos lectores, seguido de Marca, con 10.000 novos. Outros xornais de Madrid perden moita audiencia: La Razón perde 5.000 lectores, igual que o ABC. Asà o indica a análise dos datos de EXM remitida onte a esta redacción pola consultora Avante Marketing & Media.
Noutros soportes, a televisión continúa a ser o medio máis visto, incrementando a súa audiencia en 7.000 espectadores e na radio prodúcense importantes variacións. A Cadena Ser perde en Galicia 37.000 oÃntes e mesmo radiofórmulas coma os 40 principales perden tamén usuarios, se ben menos (4.000). A Radio Galega gaña 37.000 novos oÃntes.