As cabeceiras de Madrid ocupan a maior parte do ranking de medios en liña en 2024

Avante publica un resumo da audiencia en liña de medios e redes sociais en Galicia

A consultora Avante publicou o seu balance anual de audiencia dos medios de comunicación en liña e cabeceiras galegas, a partir de datos de GFT e Kantar, sobre xaneiro a novembro de 2024. A primeira posición corresponde a la Voz de Galicia cun promedio de case 1.300.000 usuarios únicos durante o período, seguido de El Español, con algo máis dun millón de usuarios -neste medio inclúense os datos das súas diferentes cabeceiras locais, como o Quincemil da Coruña, ou o Treintayseis de Vigo-. O Faro de Vigo ocupa o terceiro posto con 868.000. Non volve haber unha cabeceira galega ata os dous últimos postos da lista proporcionada, o 21 para El Correo Gallego, con 436.000 usuarios e o 22 con La Opinión, con 424.000. Os datos reflicten un cambio notable con respecto ao panorama deses mesmos medios en papel, nos que a presenza de medios de Madrid no ranking era anecdótica, limitada á prensa deportiva ou en porcentaxes moi menores El País (2,1%) e El Mundo (0,6%). No ámbito do consumo de redes, Facebook segue a ser predominante, cun 1.770.000 usuarios, seguido moi de preto por Instagram con 1.688.000, tiktok, con 1.200.000 usuarios e Twitter, cun millón de usuarios