A Coruña recupera o primeiro andar da Casa Picasso

O Concello inviste 107.000 euros no espazo, que se destinará a usos culturais

17/4/2024 | Santiago. Redacción | Seccións: artepatrimonio
25 lecturas | Compartido 0 veces

Fachada da Casa Picasso. Fonte: Concello da Coruña

As obras para restaurar o primeiro andar da Casa Picasso, edificio que acolle o museo dedicado ao artista na Coruña, estarán rematadas en tres meses. O Concello acaba de licitar os traballos de restauración para o espazo, que contan cun orzamento de algo máis de 107.000 euros e que permitirán renovar carpinterías interiores, pavimentos e tabiques do local co obxectivo de mellorar a súa estrutura.
A obras inclúen a restauración das carpinterías interiores, a instalación dun pavimento cerámico similar ao que existía orixinalmente, a substitución de tabiques de barrote por outros de madeira e melloras nos falsos teitos e nas instalacións de fontanería. O espazo destinarase a usos múltiples, o que, segundo o Concello, permitirá ampliar a oferta cultural vencellada ao inmoble.

A familia Ruíz-Picasso ocupou o segundo andar do inmoble entre 1891 e 1895, durante os seus anos de estadía na cidade. Foi alí onde Pablo Picasso desenvolveu os primeiros contactos coa pintura durante a súa infancia.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
1 lugar identificados
Claves temáticas
Protagonistas
Lugares