Os muíños de Xuvia serán un museo e espazo didáctico

Comezan as obras de reparación do convento de Herbón e a restauración dos murais de Lobios

Comezan as obras de reparación do convento de Herbón e a restauración dos murais de Lobios
Detalle das pinturas de San Xillao de Lobios (Sober).
Os muíños de Xuvia, no concello de Narón, son un dos sitios patrimoniais máis relevantes para coñecer o nacemento da industrialización en Galicia e os importantes cambios económicos do século XVIII. Agora van ser reconvertidos en museo e espazo didáctico. O concello sacou a concurso o proxecto de execución das obras de rehabilitación, que teñen un orzamento de saída de 1.307.842 euros financiados co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). O obxectivo é que se conserve o complexo fabril e converter o edificio de vivendas en museo e espazo didáctico.

Por outra banda, iniciáronse as obras de recuperación do mosteiro de Herbón, que se centrarán no claustro, precisado de maneira urxente de obras de restauración, xa que está mesmo apuntalado nalgunhas zonas. Vaise mudar todo o tellado e o piso de madeira, que está apodrecido, así como na mellora a entrada a esa zona do convento. As obras teñen un valor de máis de 400.000 euros. As obras están financiadas pola Consellería de Cultura, que tamén adxudicou estes días as obras de restauración das pinturas murais da igrexa de San Xillao de Lobios (Sober, Lugo), por preto de 60.000 euros. As pinturas, do século XVI, achegan motivos referentes ao Xuízo Final.