Patrimonio autoriza a restauración da vella cadea de Lugo

Converterase en edificio cultural e a rehabilitación finánciase con fondos do Plan Urban

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Será un gran complexo cultural dotado con auditorio, biblioteca e espazos para seminarios e exposicións. Pero tamén será unha rehabilitación que permitirá sacar á luz un edificio cun urbanismo moi destacado. Hai dous anos convocouse o concurso de ideas para a súa recuperación e agora, o proceso comezará a tanxibilizarse. A Dirección Xeral de Patrimonio da Consellaría de Cultura acaba de dar luz verde ás obras de execución que, segundo o concello, licitarán en marzo a primeira fase dos traballos. O proxecto que no seu día gañaron o equipo de arquitectos Creus e Carrasco, ten un orzamento de 5.5 millóns de euros que están financiados ao 75% con fondos do Plan Urban.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lugo, Exposicións, Dirección Xeral de Patrimonio

Claves

Conceptos
Lugares