Convocan a musealización dos muíños industriais de Xuvia

Investiranse 200.000 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Simulación da Sala dos Muíños. Foto: Trivium

Simulación da Sala dos Muíños. Foto: Trivium

O concello de Narón publicou o anuncio de contratación da musealización dos muíños de Xuvia, construídos no século XVIII. Consistirá nun centro de interpretación que explicará a actividade da fábrica alimentada con enerxía hidráulica que construiu a mediados do século XVIII o empresario de orixe francesa Jean Lestache, "o complexo industrial de fariñas máis importante da península daquel tempo", e promovido con licenza real. O proxecto contempla a visibilización do tecido industrial do Narón do seu tempo, recursos gráficos e multimedia, que abordan a figura de Lestache, a sociedade da comarca, ou as técnicas de produción da moenda. O prazo de execución do proxecto, para o que se prevén case 200.000 euros, será de cinco meses a partir da resolución da adxudicación, que remata o 25 de abril.

Que che parece esta nova?
83 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Muíños, Concello de Narón

Claves

Entidades
Lugares