Narón acolle o primeiro ciclo Cinema e sociedade

A mostra pretende recoller filmes comprometidos coa sociedade actual

6/10/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

A comarca de Ferrolterra é o exemplo máis evidente da decadencia cinematográfica. Se a principios do século XX había preto dunhas setenta salas de cinema, a día de hoxe só quedan dúas. E as imaxes de todos eses espazos pode verse na exposición que inaugura a mostra “Cinema e sociedade” que se organiza no concello de Narón para amosar como a cinematografía se achegou á realidade. Ademais da exposición, ata o vindeiro sábado proxectaránse na localidade máis dunha ducia de filmes que abordan, desde diferentes puntos de vista, a sociedade actual.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Narón, Concello de Narón, Ferrolterra

Claves

Entidades
Conceptos