O cinema etnográfico ten boa saúde en Galicia. Malia á crise que afecta o sector audiovisual e á relativa debilidade deste tipo de investigación no país, non son poucas as producións nas que os nosos creadores abordan esta temática. Á hora de as amosar ao público, téñeno máis difícil. A xa consolidada Mostra de Cinema Etnográfico que organiza o Museo do Pobo preséntase como a cita fundamental para se achegar a este xénero.
Malia a que se adoita pensar no cinema etnográfico como documentais sobre tribos afastadas, Ana Estévez, unha das coordinadoras deste evento desde o departamento de Educación e Acción Cultural do Museo do Pobo, advirte que o termo chega moi para alén do que estamos afeitos. Non se trata só de sociedades, por dicilo dalgún xeito, en vías de extinción. O cinema etnográfico, tal e como o entendemos nós, pode tratar un colectivo profesional, por exemplo. A evolución da vila das Pontes, as lendas sobre a Compaña na Raia Seca, o traballo no sector funerario ou no mar, a morte ou a paisaxe son algúns dos moitos temas que trataron as producións galegas que se puideron ver nas sete edicións que ten xa as costas a Mostra. Cada ano as responsables da programación visionan entre 15 ou 20 filmes que se poden adscribir a esta temática, aínda que non todas entran finalmente na programación.
A relativamente importante aposta galega por esta temática resulta aínda máis destacable se temos en conta que, tal e como salientan creadores no campo como Comba Campoy ou João Aveledo, non é sinxelo atopar espazos para proxectar este tipo de productos. Son formatos que non se axeitan a moitas das normas dos festivais, lembrava Campoy na proxección de Pacios. As fotos da memoria. Isto fai que sexa necesario mover o produto en casas da cultura e outros encontros a miúdo cun carácter máis social do que puramente cinematográfico. Estévez confirma que é un cine con poucos espazos de divulgación, sobre todo cando se trata de proxectos moi persoais. Logo hai documentais que teñen un estilo máis reportaxeado e que teñen máis saída. Malia a que en xeral non falamos dun xénero que bata marcas de público. A diferenza fundamental noutros lugares a respecto de Galicia é que desde as ciencias sociais en Europa ou en América, contémplase a antropoloxía visual como obxecto de estudo, está nos plans académicos das ciencias sociais e hai xente que fai cinema etnográfico como parte das súas investigacións, presentan os seus traballos na forma de filmes.
Trailer de Em companhia da morte
Teaser de Pacios. As fotos da memoria
Os creadores e os temas
A partir da súa experiencia na coordinación da Mostra, Estévez sinala a existencia dun perfil ao que se poden adscribir moitos dos creadores galegos de cinema etnográfico. Trátase de xente que adoita ter un compromiso co país, coa cultura ou coa lingua. Moitos entenden que é importante recoller a memoria colectiva. Precisamente o tratamento da memoria preséntase como un eixe de grande importancia para as producións galegas deste tipo, que o abordan desde as máis variadas perspectivas. Temos portadores e portadoras vivas, xa maiores, con historias vencelladas á memoria do pobo que desaparece no mundo urbano. Por exemplo Vikingland é un traballo que trata a memoria, aínda que dun xeito diferente. As gravacións persoais dun mariñeiro, montadas por Xurxo Chirro, tratan un colectivo concreto de mariñeiros e a súa experiencia desde unha perspectiva moi persoal. Tamén tivemos propostas como as de Lois Patiño coas súas videocreacións con testemuños e imaxes arredor da morte e da paisaxe, ou outras máis vencelladas a procesos de tipo industrial, como a memoria do volframio. . O propio proxecto de Pacios, que acompaña un fotógrafo no seu traballo creativo retratando os veciños do seu pai falecido xoga coa memoria e o traballo encol dela.
Paisaxe-duración. Trigal, de Lois Patiño.
Trailer de Vikingland, de Xurxo Chirro.
Coidado formal
Precisamente as perspectivas máis de autor predominan nos filmes galegos neste campo, abandonándose na maior parte dos casos as propostas didácticas encol da nosa cultura. Canda a isto, as responsables da mostra detectan unha alta calidade. En Galicia vese nos últimos anos unha calidade formal exquisita. Desde os ano 70 mudou moito a perspectiva. Daquela víanse moito entrevistas con cámara fixa e a xente sobre un fondo branco, case coma fotografías parlantes. Agora cóidase moito máis, emprégase un ritmo máis dinámico, e cóidanse os aspectos formais coma a montaxe. Intégranse máis cinema e etnografía, que é algo que noutros lugares do mundo levan facendo anos. En calquera caso, salienta que agora mesmo aquí hai moi bo nivel, temos xente de calidade equiparable a producións estadounidenses ou sudamericanas, por pór dous exemplos de áreas onde se fan moitas películas deste tipo. Son comparables tanto a nivel estilístico e no tipo de propostas. Dentro da apertura coa que na mostra se considera o cinema etnográfico, pasaron polas pantallas, ademais dos xa sinalados, creadores coma Cora Peña ou mesmo Oliver Laxe, cun proxecto tan persoal como París #1.
París #1, de Oliver Laxe.
A mostra
Encol da evolución da mostra, as responsables de Acción Cultural do Museo do Pobo sinalan que o evento está consolidado. Un incremento importante de público, en especial a partir do pasado ano, deixan unhas medias de 50 persoas en cada proxección. A crecente aceptación do cinema documental entre o público pode estar relacionado con este crecemento. Pensamos que había unha reticencia co de etnográfico, pero foise vencendo ao ver o público que as propostas están moi coidadas nos aspectos cinematográficos.
Novas producións
De cara ao futuro están xa a se desenvolver novos proxectos no sector. A pasada semana presentábase en Compostela o proxecto 9 ondas do italo-galego Simone Saibene, que está a recoller fondos mediante Crowdfunding. O filme narra a busca da identidade dun home amnésico en diferentes lugares do noso país. Canda a isto, Aitor Rei ten en proceso de gravación A última viaxe do afiador, un documental sobre os ourensáns que emigraron seguindo este oficio logo da Guerra Civil, un proxecto para o que está a entrevistar a corenta destes profesionais.