A II Residencia Literaria Illa de San Simón duplica as súas prazas e abre convocatoria

A Xunta mantén a contía das axudas para participar en iniciativas internacionais deste tipo

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Ata un total de 24 creadoras e creadores poderán participar da II Residencia Literaria da Illa de San Simón. A Consellería de Cultura abría este 4 de abril o prazo para participar desta iniciativa, que pretende estimular a promoción da creación en galego mediante o apoio aos procesos creativos das persoas participantes.

Ademais de medrar o número de prazas amplíase tamén o tempo para as estadías do programa, que se desenvolverán en tres períodos, do 20 de maio ao 2 de xuño, do 23 de setembro ao 6 de outubro e do 4 ao 18 de novembro.

Cada participante poderá residir na illa un mínimo dunha semana e un máximo de quince días, e terá ao seu dispor "os bens e servizos necesarios para o desenvolvemento do seu traballo, contando con aloxamento en cuarto individual e espazo de traballo propio, en réxime de pensión completa na Residencia Stella Maris". O prazo de inscrición remata o vindeiro 24 de abril.

De xeito paralelo, o Diario Oficial de Galicia deste 5 de abril publicaba a segunda convocatoria de axudas para participar en residencias literarias internacionais. Ao igual que en 2023 esta liña de axudas conta cunha dotación de 20.000 euros que apoiarán a profesionais da creación literaria galega con dotacións máximas de 5.000 euros para acada proxecto escolleito. Os fondos cubrirán ata un 80% dos gastos da actividade, a incluír desprazamentos, aloxamento e manutención ou seguros médicos e de viaxe.

Que che parece esta nova?
101 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Illa de San Simón, Consellería de Cultura