Ata o vindeiro 22 de marzo autoras e autores e ata 35 anos de idade poden presentarse á segunda edición da Residencia Literaria da Cidade da Cultura. Javier Sanz dirixe esta proposta, que reunirá durante quince dÃas as dez persoas seleccionadas e con interese en desenvolver ou mellorar un proxecto de narrativa, en galego ou castelán. A residencia desenvolverase entre os dÃas 4 e 16 de xullo baixo a dirección de Javier Peña e con Marta Sanz e Ledicia Costas a participar nas titorÃas desta experiencia.
Para alén das actividades formativas no propio complexo do Gaiás, as persoas seleccionadas participarán tamén de visitas a institucións culturais e a participación en eventos ligados ao mundo do libro e á literatura. A organización correrá co aloxamento, almorzos e comidas.
Segundo explica a presentación da iniciativa, "o diálogo, a escoita, a lectura e a posta en común son as bases dunha iniciativa que conxuga o traballo individual coa análise das propostas dos compañeiros. Con esta premisa, a Residencia Literaria crea un espazo distendido de confianza e respecto mutuo no que compartir consellos, crÃticas e eloxios para axudar ao crecemento literario e persoal das persoas participantes".