Está aberto o prazo para participar na IV residencia literaria da Cidade da Cultura. Ofértanse 10 prazas, das cales 8 están reservadas para persoas nadas en 1988 ou anos posteriores-, e as actividades celebraranse do 1 ao 13 de xullo. Os residentes terán todos os gastos de aloxamento e manutención cubertos. Este ano as residencias incorporan a dous escritores convidados: Brais Lamela, escritor de Vilalba que realizou a residencia en anos anteriores e que foi premio da CrÃtica de Narrativa Galega 2022 e premio "Ojo CrÃtico" de RNE de Narrativa de 2023, e Irene Solà , autora de Canto jo i la muntanya baila (Premio Anagrama de Novela). A residencia está coordinada polo escritor e xornalista Javier Peña e está concibida para o "desenvolvemento e mellora de proxectos persoais de narrativa". Hai de prazo ata o 15 de abril para realizar a solicitude, que debe ir acompañada dun "proxecto orixinal" para o traballo e posta en común durante a residencia.