A V residencia literaria da Cidade da Cultura incorpora poesía e dramaturxia

Eva Mejuto é a nova directora da iniciativa, que se desenvolverá entre o 30 de xuño e o 12 de xullo

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A V residencia literaria da Cidade da Cultura incorpora poesía e dramaturxia

Ata o vindeiro 4 de abril está aberto o prazo para se presentar á V Residencia literaria da Cidade da Cultura, que integra nas súas bases a posibilidade de se presentar con proxectos no ámbito da poesía e da dramaturxia. Eva Mejuto toma o relevo na dirección do proxecto a Javier Peña, que coordinara a iniciativa desde o seu nacemento.

A residencia desenvolverase entre os días 30 de xuño e 12 de xullo de 2025 e as persoas participantes contarán co apoio da gañadora do Premio Nacional de Teatro Paula Carballeira e mais da xornalista e galardoda co Premio Nadal Inés Martín Rodrigo entre outras persoas vinculadas ao ámbito literario e da edición pendentes de anunciar.

Ao igual que en anos anteriores, a convocatoria conta con dez prazas para as que se dará preferencia a persoas nadas a partir de 1989. Ás mesmas poden presentarse proxectos literarios en galego orixinais e inéditos con independencia do seu estado de desenvolvemento. As autoras e autores das propostas seleccionadas contarán con aloxamento durante 13 noites, a incluír almorzos e comidas.

Que che parece esta nova?
108 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Eva Mejuto, Javier Peña, Paula Carballeira...