Un total de 12 creadores poderán participar nas residencias literarias na Illa de San Simón que vén de convocar a ConsellerÃa de Cultura, Educación, FP e Universidades, unha das novas accións contempladas no Plan de impulso ao libro galego, aprobado recentemente no Consello da Xunta. O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe a convocatoria e as bases para participar. A estadÃa na illa pontevedresa será de entre 15 dÃas e un mes como máximo. As residencias celebraranse nos meses de setembro, outubro e novembro e incluirán o aloxamento dos beneficiarios en réxime de pensión completa na Residencia Stella Maris da Illa de San Simón, en cuarto individual con espazo de traballo propio. Os participantes disporán, asà mesmo, de espazos comúns de traballo, con varias estancias con conexión a internet e os medios técnicos e materiais básicos para o desenvolvemento do traballo creativo. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 7 de setembro. As persoas que desexen participar nesta convocatoria deberán presentar unha única candidatura acompañada dun documento (máximo de 10 páxinas) que deberá incluÃr a explicación do proxecto de creación literaria que desenvolverá na residencia, xénero, idioma da obra, currÃculo do aspirante, expediente artÃstico e carta de motivación, entre outros detalles.