O Galiverso ofrece unha nova montaxe para explorar o patrimonio dos museos

Permite interaccionar con 27 obras de 11 entidades museográficas do país

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O Galiverso dos museos é a nova proposta da Cidade da Cultura e a Rede de Museos xestionados pola Xunta. Trátase dunha iniciativa de realidade aumentada que permite "achegarse á colección artística, etnográfica e arqueolóxica conservada nos museos públicos galegos". No proxecto incluíronse 27 obras de arte, restos arqueolóxicos e obxectos, como a escultura do cabaleiro de Beade do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, o famoso brocado de bronce para os arreos dos cabalos de Viladonga ou o astrolabio máis antigo de Galicia, depositado no Museo do Mar de vigo. Os visitantes tamén se poden mergullar na paisaxe lugrisiana a través do cadro Marina Surrealista do Museo de Belas Artes da Coruña. O proxecto tamén permite accceder a réplicas impresas en 3d de catro das pezas para facilitar o seu acceso a público con mobilidade reducida. A experiencia pode vivirse a partir do martes na Cidade da Cultura, de balde.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Visitas virtuais ao museo

Visitas virtuais ao museo

Un web do Ministerio de Cultura permite coñecer polo miúdo coleccións de museos galegos

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museos, Belas Artes, Paisaxe, Museo de Belas Artes da Coruña...