A Agadic convoca un curso para deseñar programacións de artes escénicas

A formación é gratuíta e desenvolverase ao longo de 42 horas lectivas

22/3/2024 | Santiago. Redacción | Seccións: espectáculosteatrodanza
54 lecturas | Compartido 0 veces

Ata o vindeiro 1 de abril está aberto o prazo para se inscribir no curso Deseño de Programacións de Artes Escénicas en Galicia. A Axencia Galega das Industrias Culturais, en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural convocan esta formación gratuíta, que pretende "dotar os axentes do sector de recursos que lles permitan asumir con solvencia o deseño de actividades de calidade e mellorar a oferta de espectáculos de artes escénicas para os seus públicos".

As clases desenvolveranse todos os martes do 9 de abril ao 21 de maio, cun total de 42 horas lectivas que se desenvolverán en sete sesións presenciais e mediante encontros en liña. Un total de 23 docentes, profesionais de referencia en distintos ámbitos escénicos, achegarán contidos tanto sobre aspectos artísticos como de xestión e programación, autoría e dirección, investigación e ensino, produción técnica ou management.

A impartir as clases estarán Marta Alonso, Afonso Becerra, Carmen Castro, Santiago Cortegoso, Nacho Fungueiriño, Manuel Guede, Gonçalo Guerreiro, Patricia Hermida, Inma López Silva, Carlos Lorenzo, Kirenia Martínez, Diego Meizoso, Fefa Noia, Fran Núñez, Belén Pichel, Pilar Portela, Paula Quintas, Fran Rei, Paulo Rodríguez, Miguel Soto, María Torres, Artur Trillo e Manuel Vieites. Carlos Lorenzo, presidente da Asociación de Xestión Cultural dirixe a proposta.


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Artes Escénicas, Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, Axencia Galega das Industrias Culturais, Paula Quintas...