O Consello da Cultura Galega está a elaborar un informe sobre a situación das Artes Escénicas e recomendacions para o seu futuro inmediato como sector, pero faino en aberto. A partir de chamamentos públicos ou concretos, persoeiros e axentes do sector participan e incorporan material -esencialmente reflexións- ao redor da situación actual do sector e vÃas para conseguir unha maior incidencia do teatro na sociedade galega. Ata o 23 de abril están convocada unha nova xeira de participación pública. Agora repasamos os elementos máis relevantes do informe.
O sistema teatral galego presenta tantas potencialidades como eivas", aseguran os autores do informe "As artes escénicas en Galicia, situación e perspectivas", que realiza unha comisión especÃfica dirixida polo profesor Manuel F. Vieites.
O informe ten por obxectivo a avaliación do estado do sector no futuro, das súas fortalezas, feblezas e oportunidades e a constitución dunha liña de puntos de desenvolvemento cos que afrontar o futuro. Entre as propostas, os autores propoñen un "pacto polas artes escénicas" xa que "o desenvolvemento de todas esas posibilidades precisa do esforzo conxunto das institucións e dos diversos axentes sociais".
Entre as medidas que propón provisionalmente o informe está a "posta en marcha de compañÃas residentes de teatro e danza nas principais cidades galegas e cabeceiras de comarca", ou favorecer a idea de proxectos a medio e longo prazo creando proxectos de dous ou maÃs anos a través do cambio no modelo de subvención pública. Os autores tamén propoñen mecanismos para a construción dun público a través dun "plan de fomento da demanda escénica" que inclúa estratexias para a captación de novos públicos.
Os autores do informe tamén propoñen un "plan de activación escénica" destinado a poñer en valor os espazos escénicos municipais, a creación do Museo Nacional das Artes Escénicas de Galicia ou o Consello Galego das Artes Escénicas, entre outras medidas.
A través da páxina web creada especificamente para o documento, calquera pode enviar tamén as súas apreciacións, crÃticas e achegas para o debate, co prazo máximo do 23 de abril. A comisión redactora anunciou a celebración dunha xornada aberta de debate e reflexión como último punto deste proceso de elaboración deste documento cara finais de abril: as datas serán feitas públicas no web da CCG