
Nesta cita organizada pola AGT co apoio da Deputación Provincial da Coruña e o patrocinio da Axencia Galega de Industrias Culturais da Xunta haberá espazos para debater os diferentes modelos de compañÃa de artes escénicas, os procedementos organizativos de deseño de programación de diferentes espazos municipais ou de outras entidades e tamén sobre o marco legal dos dereitos culturais. Para iso o programa contempla a participación de profesionais de diversas compañÃas como Chévere, Ibuprofeno Teatro, Pista catro ou TÃteres Cachirulo, entre outros, asà como de técnico programadores de varios concellos como , Ames, VilagarcÃa, Vimianzo, Sada, Betanzos ou Muros. Todos eles analizarán a situación co fin de marcar uns puntos de encontro cuxo obxectivo é mellorar o sector escénico do noso paÃs para o futuro.