O III Congreso de Literatura Comparada comeza na Facultade de Filoloxía e Traducción de Vigo

Lecturas=imaxes

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
O III Congreso Internacional de Literatura Comparada da Universidade de Vigo presenta este ano dúas seccións: a primeira é un espacio monográfico dedicado ao cineasta e escritor Gonzalo Suárez e, a segunda, somérxese no campo dos estudios feministas. Na primeira sección abordarase o traballo de Gonzalo Suárez, tanto no campo da creación literaria como no cinematográfico e, máis concretamente, no estudio dos textos literarios adaptados ao cine. Conferencias plenarias, comunicacións, proxeccións cinematográficas, coloquios e mesas redondas formarán a estructura desta sección. O tema muller e cultura constitúe o centro de atención prioritario da segunda sección. Dúas conferencias plenarias e tres salas de comunicacións terán este contido específico. Preséntase neste congreso a revista “Lecturas: imágenes”, un volume que recolle as intervencións máis significativas do anterior congreso de Literatura Comparada do ano 2001.

Máis información no Duvi

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Literatura, Universidade de Vigo

Claves

Conceptos
Lugares