Vigo é punto de encontro de investigadores de literatura infantil e xuvenil

Arredor dos pequenos lectores

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Bota a andar en Vigo o III Congreso Internacional da Asociación Nacional de Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil (Anilij) con sede na Facultade de Filoloxía e Tradución. O congreso que durará até o sábado, punto de encontro de investigadores nacionais e internacionais deste xénero literario, parte co obxectivo de consolidar redes e facer balance da docencia e da investigación neste campo nas universidades europeas. "Mundos en conflito: representación de ideoloxías, enfrontamentos sociais e guerras na literatura" é o título baixo o que se presenta o congreso que procurará a reflexión sobre a incidencia dos estudos de literatura infantil nas políticas educativas.

Máis información no Duvi

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Vigo, Xénero, Tradución

Claves

Lugares