O premio O Barco de Vapor de literatura infantil en galego queda deserto por segundo ano consecutivo

Barco no deserto

O xurado do premio de literatura infantil O Barco de Vapor non achou entre as obras presentadas ningunha que fose merecedora dos seis mil euros cos que está dotado. Este feito, que ocorre por segundo ano consecutivo, non impedirá unha nova convocatoria do premio por parte da Fundación Santa María, do Grupo editorial SM. Outro certame de literatura infantil e xuvenil, o I Premio Literario Frei Martín Sarmiento, si que tivo premiados recoñecidos por un xurado de 121 alumnos e alumnas de centros pertencentes á Federación Española de Relixiosos da Ensinanza – Centros Católicos en Galicia, entidade convocadora. Os gañadores aos mellores libros do 2003 en categorías por idade lectora foron Ánxela Loureiro, por “Ota quere voar”; Xosé Miranda e Antonio Reigosa, por “Contos de parvos e pillos”; na categoría xuvenil gañou Manuel Lourenzo con “Irmán do vento”. Os tres son publicacións de Edicións Xerais.


Máis información no Duvi
e en La Voz de Galicia