Comeza en Vigo un congreso de literatura infantil e xuvenil mentres a RAG prepara un encontro sobre Pardo Bazán

Encontros de letras

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
A Asociación Nacional de Investigación en Literatura Infantil y Juvenil (Anilij) comeza hoxe en Vigo o seu congreso III Congreso baixo o lema "Mundos en conflito: representación de ideoloxías, enfrontamentos sociais e guerras na literatura". Este encontro reúne até o vindeiro sábado especialistas de todo o mundo e amosa nunha mostra os últimos traballos de investigación sobre este campo. Tamén Emilia Pardo Bazán contará cunha serie de encontros arredor da súa figura grazas ao convenio que asinaron onte a Real Academia Galega e Caixa Galicia. A entidade financeira achegará máis 54.000 euros para a organización destas actividades, que se desenvolverán a partir do vindeiro ano.

Máis información sobre o congreso da Anilij no Diario da Universidade de Vigo e no web de Anilij; sobre os actos en torno a Pardo Bazán en Galicia Hoxe e en El Ideal Gallego

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Emilia Pardo Bazán, Galicia Hoxe, Real Academia Galega...