Un investimento de 30 millóns de euros permitirá converter o Mosteiro de Oia nun establecemento hoteleiro dotado con restaurante. A empresa propietaria deste monumento, declarado Ben de Interese Cultural, conta con crear un hotel de 76 habitacións que incluirá un museo e 40.000 metros cadrados de espazos exteriores, ademais de recuperar a antiga horta do complexo.
O proxecto, que se desenvolverá en varias fases, prevé fechar un claustro incompleto do conxunto, a construÃr varias novas edificacións anexas ao monumento e crear un novo parque e espazos de estacionamento na finca.
A Xunta de Galicia, a través do Plan Xacobeo Next Generation, anunciou unha achega de 1,8 millóns de euros á proposta para rehabilitar a antiga enfermerÃa do monumento, que se destinará a restaurante. Estes fondos destinaranse a "reforma e rehabilitación do sistema envolvente e estructural, asà como da contorna e sistema de instalacións, mellora de carpinterÃas, cubertas e envolvente", segundo indica o portal Turismo de Galicia. O proxecto prevé tamén actuacións de mellora en instalacións de iluminación e control ou melloras na accesibilidade, entre outras.
Segundo apunta Turismo de Galicia, no novo establecemento "un 80 % da capacidade temporal ou espacial anual destinarase a fins culturais" e establécese un horario de visita pública durante todo o ano de martes a domingo. A empresa deberá ter as obras acabadas o 31 de outubro de 2025.
Ao longo das últimas dúas décadas sucedéronse as propostas para darlle uso hoteleiro ao Mosteiro de Oia, considerado único cenobio cisterciense situado na beira do mar, e construÃdo no século XII. Anteriores tentativas atoparon problemas con permisos municipais para o proxecto e co subministro de auga que precisa este establecemento.