Volta á provincia da Coruña en 52 autoras

A Deputación presenta polo 8M unha mostra sobre as creadoras da provincia e un mapa virtual que as sitúa por concellos

| Santiago. Redacción | Seccións: LiteraturaSociedade
Compartir:
Volta á provincia da Coruña en 52 autoras

A Deputación da Coruña ven de presentar, con motivo do mes da muller, unha mostra e un mapa virtual interactivo centrado en autoras e creadoras de toda a provincia, baixo o título "A volta á provincia en 52 autoras". A exposición, que inclúe obras de 52 autoras do territorio da provincia, estará dispoñible no vestíbulo da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña durante os meses de marzo, abril e maio e o mapa que coloca cada autora xeograficamente inclúe unha ligazón para ampliar o coñecemento sobre a autora e a súa obra. Estes produtos baséanse nun traballo feito previamente durante o ano 2023, destacando cada semana unha destas creadoras dalgúns dos concellos da provincia coruñesa. A mostra propón un percorrido por cada un dos municipios dun xeito ameno e reivindicativo a través da obra das autoras, exemplificadas con volumes representativos do fondo bibliotecario. Esta iniciativa nace coa idea de promover e recoñecer ás protagonistas, enmarcada nas actividades da institución provincial con motivo do 8M.

Que che parece esta nova?
70 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación da Coruña

Claves