O Museo Provincial de Lugo inaugura hoxe a mostra 'As 7 e 7' na que as obras xa existentes de sete mulleres artistas presentes na colección do museo son a base do traballo de outras tantas creadoras emerxentes. O proxecto comezou a xestarse fai semanas, cando se deron a coñecer os nomes das sete artistas seleccionadas de diferentes disciplinas e se lles deu este tempo para preparar as súas creacións. A exposición que hoxe abre presenta as obras orixinais que se colleron como referencia e as novas creacións, mesturando dese xeito diversos estilos anteriores coa arte contemporánea, en total 14 obras de 14 mulleres de onte e de hoxe. A exposición colectiva está polo tanto composta polas obras preexistentes de Maruja Mallo, Xulia Minguillón, Mónica Alonso, María Luísa Pérez Herrero, María del Carmen Corredoira, Violeta Bernardo e María del Carmen Álvarez de Sotomayor y Castro que se mesturarán coas novas creacións de Noa Costas Martín, Christina Chiarroni, Carmen Quintáns, Sabela Eiriz, Greta Debelius e as irmás Noa e Lara Castro Lema.
Esta mostra estará aberta ata o 1 de abril e leva aparelladas unha serie de accións que complementan o seu carácter didáctico e reflexivo como obradoiros, visitas guiadas e a mesa redonda "As mulleres na arte. Retos e dificultades". Moderada por Mónica Alonso a mesa pretende amosar que implicacións ten na profesión da arte ser muller. Analizar dificultades como a visibilidade, as oportunidades laborais, a presenza en espazos expositivos e museísticos, mais tamén analizar posibeis maneiras de solventalas e amosar como.