Os Encontros Arqueolóxicos do Barbanza abordan as últimas novidades sobre as rodas, Brandomil ou Adro Vello

Celebraranse en Boiro o 23 e 24 de febreiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Escavación en Adro Vello. Foto: Xunta de Galicia

Escavación en Adro Vello. Foto: Xunta de Galicia

Esta fin de semana celebrarase na Casa de Cultura de Boiro o XVII Encontro Arqueolóxico do Barbanza. Como é habitual, as conferencias abordarán un amplo abano cronolóxico que vai nesta ocasión desde o paleolítico ata o amplo rango cronolóxico de Adro Vello, o sitio arqueolóxico do Grove. Desta volta, Lino Gorgoso presentará os resultados da intervención no amplo xacemento romano do lugar de Brandomil, un equipo encabezado por Patricia Valle dará conta dos resultados das intervencións de 2022 e 2023 no sitio arqueolóxico de Adro Vello e Sofía Baqueiro falará sobre a escavación e recuperación das cistas da Idado do Bronce da Punta Riasón (Illa de Arousa). Pola súa banda, Pilar Prieto e Luis Cordeiro presentarán o estado actual de coñecemento sobre as rodas ou recintos circulares galegos e Fernando Carrera xunto con Ramón Fábregas falará sobre as actuacións no dolmen de Pedra Cuberta (Vimianzo) no pasado 2023, entre outros ponentes.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Brandomil, Barbanza, Boiro, Lino Gorgoso...