O VIII Encontro Arqueolóxico do Barbanza presta atención ás conexións atlánticas e célticas

Celébrase en Boiro o 22 e 23 de febreiro

12/2/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O VIII Encontro Arqueolóxico do Barbanza celebrarase na Casa da Cachada (Boiro) o sábado 22 e o domingo 23 de febreiro de 2014. AS conferencias inclúen a participación de Gonzalo Ruiz Zapatero, que falará sobre "El caleidoscopio "celta": mito, arqueología, divulgación y percepción popular" e Richard Bradley, que fará unha comparación entre a arte rupestre británica e a galega. A maiores, como é habitual no Encontro, presentaranse algunhas das intervencións arqueolóxicas do ano en Galicia, como a campaña do Castro de Elviña, a do sitio arqueolóxico de Ventosiños (Coeses, Lugo), ou a da Rocha Forte.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Barbanza, Boiro, Celta, Elviña...

Claves

Entidades
Conceptos