Dase a coñecer o programa do IX Encontro Arqueolóxico do Barbanza

Celebrase en Boiro entre o 28 de febreiro e o 1 de marzo

28/1/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

Xa se coñece o programa do IX Encontro Arqueolóxico do Barbanza, que se celebrará na Casa de Cultura de Boiro entre o 28 de febreiro e o 1 de marzo. Coma nos últimos anos, combina conferencias de ámbito español ou internacional con outras de carácter galego. Conferencias sobre o neolítico atlántico, o canibalismo neandertal, as últimas intervencións arqueolóxicas no Barbanza ou exposicións bibliográficas e fotográficas conforman o programa desta edición.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Barbanza, Boiro, Neolítico, Exposicións...