Esta fin de semana celebrarase en Boiro o XII Encontro Arqueolóxico do Barbanza, organizado polo concello de Boiro e coordinado polo grupo de investigación GEPN-ATT da Universidade de Santiago e a Consellería de Cultura. Desta volta, o Encontro celebrará os 40 anos de investigación en Atapuerca da man de Eudald Carbonell. O catedrático sevillano Eduardo Ferrer achegarase á navegación púnica nas costas galegas, Fernando Carrera e Ramón Fábregas falarán sobre "Expresións gráficas do post-glaciar á etaoa megalítica en Galicia" e Patricia Mañana-Borrazás, María José Bóveda e Santiago Vázquez daran conta das escavacións no illote de Guidoiro Areoso, na ría de Arousa, entre outras intervencións.
O XII Encontro Arqueolóxico do Barbanza presentará as últimas investigacións sobre pintura rupestre
Celébrase este sábado 12 e domingo 13 de maio
25 lecturas | Compartido 0 veces
Ligazóns externas
Universo culturagalega.gal
Universo
Explora o Universo
Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego
Escenarios
4 lugares identificados
Claves temáticas
Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares
