O X Encontro Arqueolóxico do Barbanza leva a China, Baleares e Stonehenge

Celébrase en Boiro entre o 27 e 28 de febreiro

19/1/2016 | Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

Acábase de presentar o X Encontro Arqueolóxico do Barbanza, organizado polo Centro Arqueolóxico do Barbanza e o Concello de Boiro. Celebrarase entre o 27 e 28 de febreiro e contará coa participación de numerosos expertos internacionais ademáis de especialistas do país. Deste xeito, Marcos Martinón-Torres, catedrático da University College de Londres, falará sobre como se construíu o exército de terracota de Xi´an e Michael Parker Pearson, tamén do University College, falará sobre os últimos descubrimentos en Stonehenge.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Barbanza, Boiro, Concello de Boiro, Londres...

Claves

Entidades
Conceptos