O XI Encontro Arqueolóxico do Barbanza presenta as novidades nos sitios arqueolóxicos do país

Celebrarase o 25 e o 26 de febreiro

12/1/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A Casa da Cultura Ramón Martínez López de Boiro acollerá o 25 e 26 de febreiro o XI Encontro Arqueolóxico do Barbanza, que este ano aborda, entre outros relatorios, as novidades en varios sitios arqueolóxicos intervidos nos últimos anos. Deste xeito, Carlos Rodríguez Rellán falará sobre as escavacións de Chan do Cerqueiro e Coto do Espiño, preto da aldea boirense de Moimenta, Rafael Rodríguez explicará novos datos ao redor do castro do monte Trega, Javier Luaces dará conta do sitio arqueolóxico do Mercado dos Mouros, en Valga (Pontevedra) e os arqueológos Emilio Ramil e Eduardo Breogán Nieto falarán do castro e castelo do Casón, en Ortigueira. Canda eles, participarán especialistas do ámbito español con conferencias ao redor da expansión comercial fenicia ou a pintura paleolítica. A inscrición nas xornadas é de balde.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Barbanza, Breogán, Castelo, Casa da Cultura...