Unha factoría de flechas nun chan do Barbanza

Avanzan as investigacións no Chan do Cerqueiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

Os investigadores están a avanzar resultados da investigación no Chan do Cerqueiro, en Moimenta (Boiro). Trátase dun poboado prehistórico da época do Calcolítico (ao redor do terceiro milenio antes de Cristo) no que sobrancea unha actividade de manufactura que o convirte nun espazo singular. Segundo o director da intervención arqueolóxica, Carlos Rodríguez Rellán, a clave está na gran cantidade de puntas de flecha de pedra localizadas nas sucesivas campañas realizadas no sitio arqueolóxico. A xulgar polo número de pezas atopadas e os numerosos fragmentos descartados, a hipótese coa que traballa este investigador do Grupo de Estudos de Prehistoria do Noroeste é que se trate dunha actividade industrial, orientada ao comercio con outros grupos. A localización de tipos de cuarzo, silex e variscita procedentes de espazos relativamente distantes do Barbanza e separados entre si leva a Rellán a pensar que o poboado era parte dunha rede de intercambio con outros grupos humanos.

Que che parece esta nova?
70 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Barbanza, Prehistoria, Boiro, Arqueoloxía

Claves

Lugares