A Xunta financiará e organizará o novo museo diocesano de Ourense

Cultura asina un protocolo de colaboración co bispado

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O pasado venres o conselleiro de Cultura en funcións, Román Rodríguez, asinou un protocolo de colaboración co bispado de Ourense para a "rehabilitación arquitectónica da capela do Pazo Episcopal de Ourense e dos seus espazos inmediatos e, así, convertelo na sede do Museo Diocesano". Segundo o acordo, a Xunta comprométese a "seleccionar o equipo de arquitectura e museografía, a través de concurso público, a redactar a documentación técnica pertinente e a dotación do equipamento funcional, expositivo e museográfico". A Xunta comprométese a financiar o proxecto e asesorar e facilitar a xestión para garantir a conservación do patrimonio cultural do museo.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, Román Rodríguez, Arquitectura

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares