Preparan itinerarios culturais ao redor da obra de Camilo José Cela

A Xunta e a Deputación de Guadalajara asinaron un convenio de colaboración

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, o director do Instituto Cervantes, Juan Manuel Bonet, o titular da Deputación de Guadalajara, José Manuel Latre e e o responsable da Fundación Charo y CJC, Camilo José Cela Conde asinaron onte un protocolo de colaboración para a "realización de accións e actividades relacionadas coa promoción e a difusión internacional da obra de Camilo José Cela". Segundo informa a Xunta, está previsto "crear un itinerario cultural arredor dos espazos incluídos na literatura de viaxes de Cela que sirva para achegar os seus libros á cidadanía, ao tempo que para dar a coñecer a xeografía española a través das súas letras".

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Camilo José Cela, Román Rodríguez, Xeografía, Literatura...