A Xunta quere asumir o Museo de Pontevedra

O conselleiro de Cultura comunicouno formalmente á presidenta da Deputación de Pontevedra

7/3/2019 | Santiago. Redacción | Seccións: patrimonio
12 lecturas | Compartido 0 veces

O Conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, manifestou por carta á presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, a vontade da Xunta de "asumir a xestión do Museo" e "iniciar a negociación para lograr unha transferencia efectiva do dito equipamento cultural", segundo informa hoxe o Faro de Vigo. A carta do Conselleiro de Cultura vén ao fío das declaracións da presidenta da Deputación polas cales afirmaba que "se a Xunta estivera disposta a asumir o Museo de Pontevedra, sentariámonos a negociar o traspaso agora mesmo". O orzamento do Museo de Pontevedra é de 4,4 millóns de euros. En días anteriores, a presidenta da Deputación reiterara o seu interese por transferir o Museo de Pontevedra, creado pola entidade provincial en 1929 baixo a iniciativa da intelectualidade pontevedresa, á Xunta de Galicia.

Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Museo de Pontevedra, Deputación de Pontevedra, Carmela Silva...