A Agadic incrementa as axudas para a comercialización de obras audiovisuais e videoxogos

Os proxectos seleccionados repartirán 70.000 euros para participar en foros de negocio especializados e eventos de cine

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Cuns fondos de 70.000 euros, a Axencia Galega das Industrias Culturais convoca no Diario Oficial de Galicia deste 16 de febreiro as subvencións para a comercialización e difusión de proxectos e obras audiovisuais e videoxogos en foros de negocio especializados e eventos de cine.

Esta liña, que incrementa a súa contía en 20.000 euros a respecto da anterior convocatoria, distribúese en concorrencia non competitiva e achega contías concretas para asistir a unha listaxe de eventos internacionais centrados no audiovisual e nos videoxogos.

Entre estes, no campo audiovisual atópanse entregas de premios como os Óscar, cunha axuda máxima de 20.000 euros para unha longametraxe de produción galega que sexa finalista a mellor filme de fala non inglesa. Tamén se subvenciona a asistencia os premios Goya e aos European Film Awards, ademais de festivais como a Berlinale, o Festival de Cine de Mar del Plata, o de Viena ou o de Toronto. No caso de mercados audiovisuais, apoiarase a presenza en citas como o European Film Market, o MIPCOM e o MIPTV de Cannes.

En canto aos videoxogos apoiarase, ao igual que na anterior convocatoria, a presenza no encontro Gamescon de Colonia, Gamépolis de Málaga, no IndiDevDAy de Barcelona ena Bigconference de Bilbao.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Axencia Galega das Industrias Culturais, Premios Goya, Berlinale...